Amosando publicacións coa etiqueta idadecontemporanea. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta idadecontemporanea. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de xuño de 2024

Produto Final

 Este luns 17 de xuño, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés presentamos o produto final do noso proxecto documental deste curso "Coñecemos o pasado; vivimos o presente". Deste modo, despois de crear e repartir unhas invitacións entre as nosas familias e os nosos veciños de Lobios, convertemos a nosa biblioteca escolar nun museo no que expuxemos todos os nosos traballos nos que recolliamos todo o investigado e traballado sobre cada etapa da historia. Nesta xornada, tivemos a oportunidade de compartir e expoñerlle ao público todos os coñecementos que fumos adquirindo. 

Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo. 






venres, 31 de maio de 2024

Art in the Contemporary Age 🖌

In the Contemporary Age, there are lots of important artists and painters as well as different artistic movements. Fifth and sixth graders investigated and worked about some of them.

First of all, we created some portraits or faces inspired by Pablo Picasso and the surrealism.
We used the collage technique and we worked with cardboard. 



At Halloween, we got inspired by Romero Britto Art and we made some Halloween pumpkins.
We used lot of bright colours and different patterns. 

In January, we focused on Salvador Dalí Art. We took a look at his painting "The persistence of memory" and we made some melted clocks. We used a homemade salt dough. Also, we created a background inspired in the painting, too. 


Over the month of February and March, we created some Street Art in the way Keith Haring did it. We drew the pictures, outlined with black felt-tip pen and covered with colourful dough. 

During the month of April, we painted the Starry Night by Van Gogh. 
We used oil pastels crayons and chalk paint. 


Finally, over the month of May, we focused on the Pop Art Movement. 
In this sense, we created some flowers inspired by Andy Warhol.




xoves, 9 de maio de 2024

 Radio Contemporánea



A fin de promulgar e espallar os coñecementos dunha maneira lúdica, realizamos vídeos dende a radio do colexio.

venres, 26 de abril de 2024

 A moda na Idade Contemporánea



Ao longo da Idade Contemporánea, a vestimenta transcorreu por moitas etapas e modas, as cales caracterizaron a sociedades e poboacións a través do concepto dualista espazo-tempo. O devir temporal e económico, propicia na nosa etapa unha maior velocidade e consumo de material téxtil. Por iso decidimos abordar esta temática.

venres, 22 de marzo de 2024

A Idade Contemporánea: Actividade de Comunicación e Difusión 🔊🏢

 Este venres 22 de marzo, tivemos a oportunidade de compartir con todos os nosos compañeiros dos distintos cursos, todas investigacións, traballos e coñecementos que fumos adquirindo ao longo destes meses sobre a Idade Contemporánea. 

Todos sabedes que se trata dunha etapa bastante longa, por iso decidimos dividila en pequenas partes, estudar os acontecementos históricos máis relevantes  que tiveron lugar nelas, os personaxes que as protagonizaron e os inventos máis salientables. 

Pero o noso traballo non quedou aí. Tamén fixemos unha recompilación das obras arquitectónicas máis salientables, un libriño coas mulleres máis destacadas e dous xogos: unha versión do famoso "Quen é Quen? con personaxes históricos da época e unhas mariquiñas recortables que dan mostra da evolución da moda ao longo destas décadas. A maiores, tamén nos deu tempo para facer un percorrido pola historia da Arte recente, traballando e inspirándonos en autores como Dalí, Picasso, Keith Haring ou Romero Britto. 

Pechamos a nosa exposición cun rap que nós mesmos creamos! 

Podedes ver un resumo no seguinte vídeo! 

Agardamos que vos guste! 




xoves, 21 de marzo de 2024

 Quen é quen.


Aprendemos de maneira lúdica sobre os distintos personaxes que protagonizaron a nosa historia, ademais dos feitos que aconteceron na Idade contemporánea.

martes, 12 de marzo de 2024

 Rap da Idade Contemporánea


Un dos xéneros musicais a destacar nesta etapa foi o rap. Polo que decidimos elaborarmos un para, desta maneira, facilitar o aprendizaxe dos feitos mundiais máis relevantes.

xoves, 7 de marzo de 2024

Mulleres contemporáneas




O traballo en prol da igualdade débese favorecer dende todos os ámbitos. Así, non debe ser inherente ao noso traballo. Aquí a causa de que destaquemos a relevancia do papel das mulleres no noso momento. Aquí, unha mostra relativa do traballado.

 

venres, 16 de febreiro de 2024

Entroido: a idade contemporánea e as novas tecnoloxías

Se hai algo que define os nosos días e a idade contemporánea é, sen dúbida, o auxe das novas tecnoloxías da comunicación. Por iso, no Entroido, quixémolo destacar disfrázándonos dos móbiles intelixentes. 
Non nos esquecemos de incluír as aplicacións que marcan o noso día a día! 
Esperamos que vos gusten! 
📱⭐


 

martes, 16 de xaneiro de 2024

 Inventos


Durante este momento histórico, producíronse unha chea de avances significativos que transformaron a sociedade dunha maneira bastante plausible. A continuación mostramos o invento, a data e o creador do citado material.

mércores, 20 de decembro de 2023

 Guerra Fría


O período marcado polo conflito político-ideolóxico entre Estados Unidos e a Unión Soviética, polarizou ao mundo en dous grandes bloques.


luns, 18 de decembro de 2023

xoves, 14 de decembro de 2023

luns, 11 de decembro de 2023

 Ditadura de Franco


O fin da Guerra Civil Española en 1939 trouxo consigo a instauración dunha ditadura en España gobernada por Franco

luns, 4 de decembro de 2023

 Segunda Guerra Mundial


Acontecemento que durou entre 1939 e 1945, onde se viron implicadas moitas nacións mundiais

venres, 24 de novembro de 2023

 Primeira Guerra Mundial



A Primeira Guerra Mundial, tamén coñecida como a Gran Guerra, foi un conflito militar que xurdiu no ano de 1914 e rematou en 1918.

venres, 17 de novembro de 2023

Segunda Revolución Industrial 


A gran industria, o aumento da produción, a expansión do mercado e da maquinaria foron obxecto de aprendizaxe


martes, 14 de novembro de 2023

 Cubos Qr


A fin de mesturar o contexto histórico coas novas tecnoloxías e a dixitalización, cada neno/a procurará información tanto da persoa como do acto histórico que protagonizou, O atopado, converterémolo en código qr, a fin de condensar a información.

venres, 10 de novembro de 2023

Revolucións liberais



 As diferentes revolucións liberais xurdidas no contexto europeo tamén foron obxecto de estudo.

venres, 3 de novembro de 2023

 Guerra hispano-americana


Desta vez falamos do conflito bélico que enfrentou a España e a Estados Unidos.