Amosando publicacións coa etiqueta idadeantiga. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta idadeantiga. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de xuño de 2024

Produto Final

 Este luns 17 de xuño, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés presentamos o produto final do noso proxecto documental deste curso "Coñecemos o pasado; vivimos o presente". Deste modo, despois de crear e repartir unhas invitacións entre as nosas familias e os nosos veciños de Lobios, convertemos a nosa biblioteca escolar nun museo no que expuxemos todos os nosos traballos nos que recolliamos todo o investigado e traballado sobre cada etapa da historia. Nesta xornada, tivemos a oportunidade de compartir e expoñerlle ao público todos os coñecementos que fumos adquirindo. 

Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo. 






mércores, 29 de maio de 2024

Inventos da Idade Antiga 🔮

Boas!! 

Durante este tempo estivemos investigando sobre diferentes inventos que apareceron na Idade Antiga e hoxe imos compartir algúns!

Todo o que descubrimos está recollido no noso caderno 📙

En Mesopotamia, inventouse:

- A roda.

- A escritura.

- O horóscopo.



No Antigo Exipto, inventouse:

- O papiro.

- As cerraduras das portas.

- O reloxo de sol.




Na Antiga Grecia, inventouse:

- As olimpíadas.

- A moeda (Dracma).

- Os mapas.






No Imperio Romano, inventouse:

- Os acuedutos.

- Os muiños hidráulicos.

- O cemento.


venres, 22 de marzo de 2024

A Idade Antiga: Actividade de Comunicación e Difusión 🔊🔱ফ𓀀

Boas! 

Este 22 de marzo recibimos a visita dos nosos compañeiros/as do cole e puidemos compartir con eles todo o que levamos traballado e investigado sobre a Idade Antiga. Antes de que chegaran, decoramos a nosa aula e expuxemos todos os nosos traballos. Logo, fúxomoslle explicando todiño! 

Podedes ver un anaquiño desta xornada no seguinte vídeo! 

Agardamos que vos guste! 🌟⭐🌠



mércores, 20 de marzo de 2024

A Esfinxe de Exipto 🗿

Boas, canto tempo sen contar nada!!

Hoxe imos falar da Esfinxe, unha figura que se atopa xunto á pirámide de Keops en Exipto. Ten unha altura de 50 metros e ten cabeza de humano e corpo de león.


A continuación mostrámosvos as nosas ESFINXES. Agardamos que vos gusten! 💫💫💫




martes, 27 de febreiro de 2024

A arte en Grecia e os deuses e deusas gregas 🏦

Boas, estamos aquí de novo!!

Hoxe imos falar dos templos de Grecia e dos deuses e deusas.

Os templos gregos eran os monumentos máis grandes e preciados. Estaban feitos de pedra calcaria e dábanlle moita importancia. Un exemplo deste tipo de arquitectura é o Partenón de Atenas.


No noso caderno da historia, temos máis información sobre a arte en Grecia.

Coa profe Mirian en plástica, coñecimos a diferentes deuses e deusas que había na Antiga Grecia e na nosa clase fixemos un mural. A continuación imos mostrar quen fixo cada un:

- Gael fixo a Zeus, o deus do tempo.
- Izan fixo a Hades, o deus do inframundo.
- Kyllian fixo a Ares, o deus da guerra.
- Daniela fixo a Apolo, o deus da música, da poesía e do sol.
- Dylan fixo a Afrodita, deusa do amor.
- Sara fixo a Hestia, deusa do fogar.
- Mathias fixo a Atenea, deusa da sabiduría.
- Ema fixo a Hera, deusa do matrimonio.
- Fernando fixo a Poseidón, deus do mar.
- Antón fixo a Hermes, mensaxeiro de Deus.
- Sofía fixo a Diana, deusa da caza.
- Lara fixo a Demeter, deusa da agricultura.



Agardamos que vos guste!!!💫😊


venres, 16 de febreiro de 2024

Entroido: Unha viaxe ao Antigo Exipto

 Polo Entroido, viaxamos ao Antigo Exipto e creamos uns traxes similares aos que vestían os faraóns!!

Esperamos que vos guste! 🌟



luns, 5 de febreiro de 2024

As sociedades na Idade Antiga 👩👨

Bos días! Hoxe vimos contar como eran as sociedades nas diferentes etapas da Idade Antiga.

As diferentes sociedades estaban divida en función da riqueza e do poder.

En Mesopotamia había: rei, privilexiados, campesiños, comerciantes, artesáns e escravos. Nesta época invesntouse a escritura.

Como dato curioso, Mesopotamia significa terra entre dous ríos.

En Exipto había: faraóns, nobres, soldados, escribas, comerciantes, artesáns e escravos.

Como dato curisoso, en Exipto cando un faraón morría, era enterrado con moitas das súas riquezas porque pensaban que as podían utilizar noutra vida.

En Grecia, había: cidadáns libres e cidadadáns non libres.

Como dato curioso, en Grecia, creáronse as Olimpíadas.

En Roma, había: patricios, plebeos e escravos.

Como dato curioso, en Roma, hai unha lenda que di que a cidade foi fundada por Rémulo y Remo, dous irmáns que foron criados por unha loba.


Toda a información sobre as sociedades da Idade Antiga, témola recollida nos nosos cadernos, agardamos que vos guste!! 💫





martes, 30 de xaneiro de 2024

A entrada á clase de 1º e 2º!!! 🚪

Esquecímonos de ensinarvos a nosa porta!  Ao cruzala, entraredes á Idade Antiga 💫



A IDADE ANTIGA

Boas, presentámonos! Somos as alumnas e alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria e neste apartado do blog imos compartir con vós todo o que vaiamos aprendendo sobre o proxecto Coñecemos o pasado, vivimos o presente.

Comezamos o noso traballo coñecendo de maneira xeral as diferentes épocas da historia para centrarnos despois na nosa etapa, A Idade Antiga.

Todo o aprendido ímolo recoller nun caderno que, pouco a pouco vos iremos ensinando. 

Agardamos que vos guste! 💫💫










martes, 24 de outubro de 2023

Actividade de motivación💡

No día das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de outubro, démoslle comezo ao noso PDI
"Coñecemos o pasado; vivimos o presente"
Aproveitamos as imaxes da mensaxe que nos enviara Pancholiño para facer unha chuvia de ideas e recompilar o que sabemos das etapas da historia e o que queremos saber e aprender. 
Ademais, animámonos a crear unha liña do tempo e a inaugurar o noso mural do proxecto. 
Amosámosvolo todo todiño no seguinte vídeo!