Amosando publicacións coa etiqueta idademoderna. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta idademoderna. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de xuño de 2024

Produto Final

 Este luns 17 de xuño, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés presentamos o produto final do noso proxecto documental deste curso "Coñecemos o pasado; vivimos o presente". Deste modo, despois de crear e repartir unhas invitacións entre as nosas familias e os nosos veciños de Lobios, convertemos a nosa biblioteca escolar nun museo no que expuxemos todos os nosos traballos nos que recolliamos todo o investigado e traballado sobre cada etapa da historia. Nesta xornada, tivemos a oportunidade de compartir e expoñerlle ao público todos os coñecementos que fumos adquirindo. 

Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo. 






xoves, 6 de xuño de 2024

A Revolución Francesa 1789

Para rematar a nosa etapa de coñecer a idade moderna, afondamos na revoluci´n francesa.

O rei Luis XVI e a súa esposa María Antonieta foron derrocados do poder coa creación da Asamblea Nacional comezando a revoluciñon Francesa enmaio de 1776.

O 14 de xullo o asalto do palacio da Bastilla pola masa social para liberar aos presos contrarios ao absolutismo do Rei; provocou que por toda Francia os campesiños e traballadores se sublevasen e asaltasen os castelos da nobleza.

Finalmente o rei é derrocado e condeado a guillotina xunto coa súa muller, e comeza unha nova etapa en Francia con Napoleón e unha Constituicón baixo os lemas de igualdade, liberdade e fraternidade.

 

 

 



luns, 13 de maio de 2024

A independencia de EEUU (4 de xullo de 1776)

Trala guerra con Francia, o Reino Unido necesitaba mais recursos económicos e decide aplicar mais impostas ás 13 colonias inlgesas en América sobre o té, os selos postais e o azucre.

Ante esta situación, representantes de 12 das 13 colonias reúnense nunha primeira vez; e xa nunha segunda reunión con representantes das 13 colonias, o coronel George Washington propón loitar e pelexar ante esta situación ata conseguir a independencia das colonias e ser un país libre. A independencia conséguese finalmente o 4 de xullo de 1776 coa Declaración de Independencias de EEUU.

 





xoves, 9 de maio de 2024

Art in the Modern Age

Throughtout this school year, we learned about the Art in the Modern Age.  

First of all, we created some beautiful paintings about caravel ships. This kind of ships were used by Columbus and other explorers. 


Then, we learned and investigated about one of the most important painters in history: Leonardo Da Vinci. Each of us tried to make their own version of one of the most representative paintings: La Gioconda.

 
We also got inspired by Giuseppe Arcimboldo art. We created some collages where we tried to represent the four seasons of the year. 






martes, 7 de maio de 2024

A revolución Industrial 1773

No ano 1773 James Watt mellorou a máquina de vapor de Newcomen dando así pé a revolución indutrial.

Con esta revolución cambiou a organización social, a forma de traballar das persoas e os desprazamentos por terra e mar.

Europa encheuse de vías para que os trens puidesen transportar mercancías e naceron as fábricas; pasando as persoas de vivir, maioritariamente, no rural mudando cara as cidades.

Ademais o transporte por mar avanzou tardando moito menos en facer os desprazamentos xa que os barcos deixaron de ser impulsados polas velas mecidas polo aire, para ter uns motores que movían hélices e os facían máis rápidos. 

 


 







 


xoves, 25 de abril de 2024

REFORMAS DOS BORBÓNS S.XVIII

 


Coa chegada dos Borbóns ao reinado de España realizáronse unha serie de reformas para atallar unha serie de problemas nas colonias en América. Éstos eran derivados da mellor organización da poboación e a diminución da chegada de riquezas á Coroa provinte das colonias.

luns, 15 de abril de 2024

As revolucións inglesas do século XVII (entre os anos 1642 e 1649)

 No día de hoxe vamos a presentarvos as tres guerras inglesas do século XVII na que particparon como protagonistas o rei Carlos I, seu fillo Carlos II; o xeneral Cromwell e seu fillo.

En Inglaterra, entre os anos 1642 e 1649, Carlos I estaba casado cunha raíña moi católica. Este rei era moi absolutista e non facía caso ao Parlamento inglés. Esta situación provocaba moito malestar entre a poboación e derivou na primeira guerra inglesa. Dos dous bandos, os partidarios ao rei e os partidarios ao Parlamento, gañaron estes últimos; tendo que Carlos I fuxir a Escocia.

Pouco tempo despois, Carlos I consegui o apoio de Escocia e Irlanda e tenta regresar a Inglaterra e recuperar o seu trono; pero o xeneral Cromwell gaña a batalla da segunda guerra inglesa  xa antes de que pisaran territorio inglés. O rei foi condeado a morte, e o xeneral Cromwelll amaina o malestar de Escocia e Irlanda ante a derrota na batalla.

O fillo do rei morto, Carlos II intenta chegar ao poder, e o xeneral Cromwell volve a gañar a batalla, instaurando unha república para acabar co goberno monárquico. Gobernando el ata súa morte, nun principio de xeito axeitado, pero tornándose cada vez mais esixente, autoritario e menos dialogante.

Trala morte do xeneral Cromwell, o seu fillo decide chegar ao poder e gobernar Inglaterra, pero Carlos II reaparece para reclamar o ser trono como rei de Inglaterra, volvendo a instaurar a monarquía en Inglaterra.


 

venres, 22 de marzo de 2024

A Idade Moderna: actividade de comunicación e difusión 🔊🚢🚆

Este 22 de marzo tivemos a oportunidade de compartir con todo o centro todo o que levamos investigado e aprendido sobre a Idade Moderna. Convertemos a nosa aula nun museo, expoñendo todos os nosos traballos, e convidamos aos outros cursos. Explicámoslle e amosámolle todo!

Podedes ver un resumo no seguinte vídeo! 




mércores, 21 de febreiro de 2024

O calendario Gregoriano

Coñecemos os tres calendarios que se deron ao longo da historia. O calendario romano; o calendario Juliano e o calendario Gregoriano.

Empezamos coñecendo as características do calendario romano, entre as cales destacamos que os meses eran sinódicos (tiñan a duración das catro fases da lúa); a duración do calendario era de 355 días; cada dous anos había un  mes mais que se denominaba interludis; e o ano comezaba co mes de marzo.

Co emprador Julio César implantouse o calendario como o coñecemos na actualidade coas súas características en canto ao nome dos meses, duración do ano e dos diferentes meses; ou o ano bisiesto, entre outras.

Finalmente o papa Gregorio XIII modificou o calnedario Juliano e introduciou o calendario Gregoriano por mor de cadrar as datas na festividade da Pascua


Ademais coñecemos unha curiosadade que ten que ver co calendario Gregoriano e a conmmemoración do día do libro (13 de abril)...invitámosvos a que a descubrades no vídeo!!

venres, 16 de febreiro de 2024

ENTROIDO: A VIAXE DE CRISTÓBAL COLÓN

No mes de febreiro, fixemos unha pequena parada nas nosas investigacións para desfrutar do Entroido. E como non podía ser doutro xeito, relacionámola coa etapa histórica que estamos a estudar: A IDADE MODERNA. 

Para iso, investigamos as roupas que levaba Cristóbal Colón, confeccionámolas e vestímolas. Por suposto, tamén creamos unha carabela coa que saímos a pasear por Lobios. 


 





luns, 12 de febreiro de 2024

A CONTRARREFORMA CATÓLICA

Trala aparición da relixión protestante, a igrexa católica impulsou unha serie de medidas no Concilio de Trento, baixo o goberno do rei Felipe II e o papado de Pablo III.




 

 

luns, 15 de xaneiro de 2024

A REFORMA LUTERANA

Unha vez coñecida a expansión colonialista, afondamos na igrexa luterana e o que significaron para a poboación de Europa as 95 tesis que promulgou Martín Lutero; e as consecuencias de fundar a relixión protestante.


 

 


luns, 18 de decembro de 2023

A EXPANSIÓN NO SÉCULO XVI POR AMÉRICA E NO CONTINENTE AFRICANO

A seguinte actividade, tralo descubrimento de América, consiste en coñecer que territorios foron ocupados por España e outras potencias europeas na expansión do colonialismo no século XVI. Coñecemos ademais a Hernán Cortés e Francisco Pizarro; nas súas respectivas conquistas dos Imperios Azteca e Inca.




xoves, 30 de novembro de 2023

O DESCUBRIMENTO DE AMÉRICA


Unha vez decorada a porta de entrada da nosa aula, que servirá como línea do tempo na nosa investigación, aventura e viaxe pola etapa histórica da Idade Moderna, ¡Comenzamos!

Primeiro, decubrindo xunto a Crsitobal Colón e os irmáns Pinzón a illa de Guanahaní (actual San Salvador); e finalmente un novo continente que se chamará América en alusión ao navegante italiano Américo Vespucio.

 

martes, 24 de outubro de 2023

Actividade de motivación💡

No día das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de outubro, démoslle comezo ao noso PDI
"Coñecemos o pasado; vivimos o presente"
Aproveitamos as imaxes da mensaxe que nos enviara Pancholiño para facer unha chuvia de ideas e recompilar o que sabemos das etapas da historia e o que queremos saber e aprender. 
Ademais, animámonos a crear unha liña do tempo e a inaugurar o noso mural do proxecto. 
Amosámosvolo todo todiño no seguinte vídeo! 


 







xoves, 12 de outubro de 2023

SESIÓN MOTIVACIÓN. COMEZAMOS O NOSO DESCUBRIMENTO...

O alumnado de 4º de Primaria comeza a súa viaxe pola Idade Contemporánea.

Comezamos a traballar esta etapa dentro do PDI "Coñecemos o pasado; vivimos o presente" coa decoración da porta da aula.

Realizamos o barco do descubrimento de América no ano 1492 e rematamos coa máquina de vapor. Tamén decoramos as letras do título da nosa etapa histórica, "Idade Moderna", coa cor da bandeira de Francia, aludindo á Revolución Francesa (1789).

A ual e 4º de Primaria investiga sobre a Idade Contemporánea dende o descubrimenot d América ata a chegada da máquina de vaopr e a Revolución Francesa
Porta entrada aula de 4º de Primaria