Amosando publicacións coa etiqueta idademedia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta idademedia. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de xuño de 2024

Produto Final

 Este luns 17 de xuño, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés presentamos o produto final do noso proxecto documental deste curso "Coñecemos o pasado; vivimos o presente". Deste modo, despois de crear e repartir unhas invitacións entre as nosas familias e os nosos veciños de Lobios, convertemos a nosa biblioteca escolar nun museo no que expuxemos todos os nosos traballos nos que recolliamos todo o investigado e traballado sobre cada etapa da historia. Nesta xornada, tivemos a oportunidade de compartir e expoñerlle ao público todos os coñecementos que fumos adquirindo. 

Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo. 






luns, 27 de maio de 2024

MÁIS COUSAS SOBRE A IDADE MEDIA

 

Outro dos aspectos que investigamos foron os intrumentos musicais da Idade Media: cítara, laúd, gaita e arpa. Fixemos unhas arpas moi coloridas!


Nos castelos tamén comprobamos qué personaxes vivían entre eles profundizamos en figuras importantes como os REIS CATÓLICOS



Traballamos figuras xeométricas para formar unhas fermosas vidrieiras propias desta etapa da historia.


Investigamos sobre diferentes inventos da Idade Media e que aínda hoxe están presentes entre nos como as gafas, os muiños de auga ou a imprenta.




Traballamos a lóxica - matemática a través dos números romanos.


A letra gótica era propia desta etapa da historia polo que traballamos sobre ela e coñecemos unha das obras máis importante deste momento como AMADÍS DE GAULA




Investigamos sobre os oficios da Idade Media. Fixemos un taller de Escudos.




venres, 22 de marzo de 2024

A Idade Media: Actividade de Comunicación 🔊🏰♔♛

  Este venres 22 de marzo, despedimos o trimestre compartindo cos nosos compañeiros/as do cole todo o que investigamos e sabemos sobre a Idade Media. Concretamente, centrámonos na descrición dos castelos, que foi a parte que máis nos gustou de todas! Deste xeito aprendemos un montón de cousas sobre os castelos (partes, persoas que viven nel, actividades que se realizaban neles...). Deixamos toda a nosa información recollida nun lapbook. 

Deixámosvos unha mostra desta xornada, no seguinte vídeo. 



sábado, 17 de febreiro de 2024

OS CASTELOS

 OLA FAMILIAS!

ESTE CURSO COMO XA SABEDES AS TARTARUGAS ESTÁN TRABALLANDO NO PDI DO CENTRO PESCUDANDO INFORMACIÓN SOBRE A IDADE MEDIA.

COMEZAMOS RECADANDO INFORMACIÓN SOBRE OS CASTELOS


ADEMÁIS POLO ENTROIDO A AULA DAS TARTARUGAS CONVERTEUSE NUN GRAN CASTELO ONDE VIVÍAN  UN REI E UNHA RAIÑA, DAMAS MEDIEVAIS, SOLDADOS,  CAMPESIÑOS E DOUS AUDACES DRAGÓNS. NESTA OCAXIÓN TAMÉN CONTAMOS COA PARTICIPACIÓN DAS FAMILIAS.





martes, 24 de outubro de 2023

Actividade de motivación💡

No día das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de outubro, démoslle comezo ao noso PDI
"Coñecemos o pasado; vivimos o presente"
Aproveitamos as imaxes da mensaxe que nos enviara Pancholiño para facer unha chuvia de ideas e recompilar o que sabemos das etapas da historia e o que queremos saber e aprender. 
Ademais, animámonos a crear unha liña do tempo e a inaugurar o noso mural do proxecto. 
Amosámosvolo todo todiño no seguinte vídeo!