xoves, 25 de abril de 2024

 Reformas dos Borbóns S.XVIII



Coa Chegada dos Borbóns ao reinado de España realizáronse unha serie de reformas para atallar unha serie de problemas nas colonias en América derivados da mellor organización da poboación e a diminución da chegada de riquezas á Coroa provinte das colonias.

venres, 22 de marzo de 2024

A Idade Contemporánea: Actividade de Comunicación e Difusión 🔊🏢

 Este venres 22 de marzo, tivemos a oportunidade de compartir con todos os nosos compañeiros dos distintos cursos, todas investigacións, traballos e coñecementos que fumos adquirindo ao longo destes meses sobre a Idade Contemporánea. 

Todos sabedes que se trata dunha etapa bastante longa, por iso decidimos dividila en pequenas partes, estudar os acontecementos históricos máis relevantes  que tiveron lugar nelas, os personaxes que as protagonizaron e os inventos máis salientables. 

Pero o noso traballo non quedou aí. Tamén fixemos unha recompilación das obras arquitectónicas máis salientables, un libriño coas mulleres máis destacadas e dous xogos: unha versión do famoso "Quen é Quen? con personaxes históricos da época e unhas mariquiñas recortables que dan mostra da evolución da moda ao longo destas décadas. A maiores, tamén nos deu tempo para facer un percorrido pola historia da Arte recente, traballando e inspirándonos en autores como Dalí, Picasso, Keith Haring ou Romero Britto. 

Pechamos a nosa exposición cun rap que nós mesmos creamos! 

Podedes ver un resumo no seguinte vídeo! 

Agardamos que vos guste! 




A Idade Moderna: actividade de comunicación e difusión 🔊🚢🚆

Este 22 de marzo tivemos a oportunidade de compartir con todo o centro todo o que levamos investigado e aprendido sobre a Idade Moderna. Convertemos a nosa aula nun museo, expoñendo todos os nosos traballos, e convidamos aos outros cursos. Explicámoslle e amosámolle todo!

Podedes ver un resumo no seguinte vídeo! 




A Idade Media: Actividade de Comunicación 🔊🏰♔♛

  Este venres 22 de marzo, despedimos o trimestre compartindo cos nosos compañeiros/as do cole todo o que investigamos e sabemos sobre a Idade Media. Concretamente, centrámonos na descrición dos castelos, que foi a parte que máis nos gustou de todas! Deste xeito aprendemos un montón de cousas sobre os castelos (partes, persoas que viven nel, actividades que se realizaban neles...). Deixamos toda a nosa información recollida nun lapbook. 

Deixámosvos unha mostra desta xornada, no seguinte vídeo. 



A Idade Antiga: Actividade de Comunicación e Difusión 🔊🔱ফ𓀀

Boas! 

Este 22 de marzo recibimos a visita dos nosos compañeiros/as do cole e puidemos compartir con eles todo o que levamos traballado e investigado sobre a Idade Antiga. Antes de que chegaran, decoramos a nosa aula e expuxemos todos os nosos traballos. Logo, fúxomoslle explicando todiño! 

Podedes ver un anaquiño desta xornada no seguinte vídeo! 

Agardamos que vos guste! 🌟⭐🌠



A Prehistoria: Actividade de Comunicación e Difusión 🪨🔥🪵🔊

 Este venres 22 de marzo, quixemos despedir o trimestre compartindo cos nosos compañeiros/as do cole todo o que levamos investigado sobre a Prehistoria. Presentámoslle a liña do tempo que construímos para situar as distintas etapas da historia, fixemos un repaso pola evolución do ser humano e tamén lles contamos os modos de vida e as costumes desta época. Ademais, tamén lles ensimos as versións que fixemos da arte rupestre. Podedes ver un resumo, no seguinte vídeo. 



mércores, 20 de marzo de 2024

A Esfinxe de Exipto 🗿

Boas, canto tempo sen contar nada!!

Hoxe imos falar da Esfinxe, unha figura que se atopa xunto á pirámide de Keops en Exipto. Ten unha altura de 50 metros e ten cabeza de humano e corpo de león.


A continuación mostrámosvos as nosas ESFINXES. Agardamos que vos gusten! 💫💫💫