martes, 24 de outubro de 2023

Actividade de motivación💡

No día das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de outubro, démoslle comezo ao noso PDI
"Coñecemos o pasado; vivimos o presente"
Aproveitamos as imaxes da mensaxe que nos enviara Pancholiño para facer unha chuvia de ideas e recompilar o que sabemos das etapas da historia e o que queremos saber e aprender. 
Ademais, animámonos a crear unha liña do tempo e a inaugurar o noso mural do proxecto. 
Amosámosvolo todo todiño no seguinte vídeo! 


 







Mensaxe de Pancholiño 📪📩

O día 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas,
recibimos unha importante mensaxe de Pancholiño! 
Compartímosvola! 📩



xoves, 12 de outubro de 2023

SESIÓN MOTIVACIÓN. COMEZAMOS O NOSO DESCUBRIMENTO...

O alumnado de 4º de Primaria comeza a súa viaxe pola Idade Contemporánea.

Comezamos a traballar esta etapa dentro do PDI "Coñecemos o pasado; vivimos o presente" coa decoración da porta da aula.

Realizamos o barco do descubrimento de América no ano 1492 e rematamos coa máquina de vapor. Tamén decoramos as letras do título da nosa etapa histórica, "Idade Moderna", coa cor da bandeira de Francia, aludindo á Revolución Francesa (1789).

A ual e 4º de Primaria investiga sobre a Idade Contemporánea dende o descubrimenot d América ata a chegada da máquina de vaopr e a Revolución Francesa
Porta entrada aula de 4º de Primaria