Amosando publicacións coa etiqueta prehistoria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta prehistoria. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de xuño de 2024

Produto Final

 Este luns 17 de xuño, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés presentamos o produto final do noso proxecto documental deste curso "Coñecemos o pasado; vivimos o presente". Deste modo, despois de crear e repartir unhas invitacións entre as nosas familias e os nosos veciños de Lobios, convertemos a nosa biblioteca escolar nun museo no que expuxemos todos os nosos traballos nos que recolliamos todo o investigado e traballado sobre cada etapa da historia. Nesta xornada, tivemos a oportunidade de compartir e expoñerlle ao público todos os coñecementos que fumos adquirindo. 

Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo. 






xoves, 30 de maio de 2024

ADIVIÑA A ETAPA PREHISTORICA

 No mes de maio, o alumnado de 3º de Educación Primaria elaboramos unhas tarxetiñas con imaxes representativas das distintas etapas da Prehistoria.

Posteriormente, nunha cartulina puxemos as tres etapas da Prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. 

Finalmente, repasamos o aprendido sobre a Prehistoria (a modo de xogo) colocando cada imaxe na súa etapa correspondente.








luns, 6 de maio de 2024

CURIOSIDADES E INVENTOS DA PREHISTORIA

 No terceiro trimestre, o alumnado de 3º de Educación Primaria elaboramos un Lapbook no cal plasmamos os acontecementos máis relavantes e os inventos de cada unha das etapas da Prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.









venres, 22 de marzo de 2024

A Prehistoria: Actividade de Comunicación e Difusión 🪨🔥🪵🔊

 Este venres 22 de marzo, quixemos despedir o trimestre compartindo cos nosos compañeiros/as do cole todo o que levamos investigado sobre a Prehistoria. Presentámoslle a liña do tempo que construímos para situar as distintas etapas da historia, fixemos un repaso pola evolución do ser humano e tamén lles contamos os modos de vida e as costumes desta época. Ademais, tamén lles ensimos as versións que fixemos da arte rupestre. Podedes ver un resumo, no seguinte vídeo. 



luns, 18 de marzo de 2024

LIBRO SOBRE A PREHISTORIA

No segundo trimestre, o alumnado de 3º de Educación Primaria, con toda a información que investigamos sobre a Prehistoria, elaboramos na aula un libriño o cal contén as características e feitos máis relevantes de cada unha das etapas da Prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais. 







venres, 23 de febreiro de 2024

Cavemen tools 🔥🔨

In February, third graders created cavemen tools such as hammers or arrows. 
We used clay, thread and wooden sticks. 



sábado, 17 de febreiro de 2024

Entroido: unha viaxe á Prehistoria

Polo Entroido, viaxamos á Prehistoria e, para iso, deseñamos e confeccionamos uns traxes propios dunha tribu cavernícola! 

Esperamos que vos gusten! 🌟


venres, 19 de xaneiro de 2024

Cave Art Horse 🐎🐴🔥

In January, third graders continued exploring Cave Art. This time, we decided to investigate about the colours and the paints that people used in the Stone Age. We discovered that they used natural pigments from rocks and plants as well as charcoal from the fire. They didn't have brushes, so they made them from leaves, wings, hair or they used their fingers to paint. 

We tried to imitate the colours they used by creating a horse with chalk paint and charcoal. 

Take a look at the result! 



mércores, 20 de decembro de 2023

LIÑA DO TEMPO

Nos meses de novembro e decembro, o alumnado de 3º de Educación Primaria elaboramos un mural sobre a Liña do Tempo, na cal indicamos as datas nas que comeza e remata cada etapa e algúns dos feitos máis relevantes de cada unha delas, facendo especial fincapé na nosa etapa, a Prehistoria.





venres, 17 de novembro de 2023

Cave Art

 During the months of October and December, students in third grade were learning about cavemen and cave art. We learned that they used to paint in the walls and their pictures include hunting scenes (people, animals). They used to paint with charcoal, blood or rocks. We tried to create our own cave paintings. 

Take a look! We hope you like them! 



martes, 24 de outubro de 2023

Actividade de motivación💡

No día das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de outubro, démoslle comezo ao noso PDI
"Coñecemos o pasado; vivimos o presente"
Aproveitamos as imaxes da mensaxe que nos enviara Pancholiño para facer unha chuvia de ideas e recompilar o que sabemos das etapas da historia e o que queremos saber e aprender. 
Ademais, animámonos a crear unha liña do tempo e a inaugurar o noso mural do proxecto. 
Amosámosvolo todo todiño no seguinte vídeo!