martes, 30 de xaneiro de 2024

A paz: un percorrido pola historia 🕊☮

Este martes 30 de xaneiro, commemoramos o día escolar da Paz e da Non Violencia. 

No marco do noso PDI "Coñecemenos o pasado; vivimos o presente", quixemos facer un percorrido polo distintos símbolos da Paz que foron xurdindo ao longo da historia. Deste xeito, cada grupo - clase investigamos sobre un destes símbolos: a pomba, o arco da vella, a ramiña de oliveira, as mans brancas ou o logo da paz. Así, cada grupo recollemos nun pergamino que simboliza cada unha desta imaxes e creamos varios deles en pequeniño. 

Ademais, cada grupo convertémonos en poetas pola Paz, desta volta, cun haiku, un poema breve de dezasete sílbas, escrito en tres versos de cinco, sete e cinco sílabas. 

A entrada á clase de 1º e 2º!!! 🚪

Esquecímonos de ensinarvos a nosa porta!  Ao cruzala, entraredes á Idade Antiga 💫



A IDADE ANTIGA

Boas, presentámonos! Somos as alumnas e alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria e neste apartado do blog imos compartir con vós todo o que vaiamos aprendendo sobre o proxecto Coñecemos o pasado, vivimos o presente.

Comezamos o noso traballo coñecendo de maneira xeral as diferentes épocas da historia para centrarnos despois na nosa etapa, A Idade Antiga.

Todo o aprendido ímolo recoller nun caderno que, pouco a pouco vos iremos ensinando. 

Agardamos que vos guste! 💫💫










luns, 15 de xaneiro de 2024

A REFORMA LUTERANA

Unha vez coñecida a expansión colonialista, afondamos na igrexa luterana e o que significaron para a poboación de Europa as 95 tesis que promulgou Martín Lutero; e as consecuencias de fundar a relixión protestante.