martes, 30 de xaneiro de 2024

A paz: un percorrido pola historia 🕊☮

Este martes 30 de xaneiro, commemoramos o día escolar da Paz e da Non Violencia. 

No marco do noso PDI "Coñecemenos o pasado; vivimos o presente", quixemos facer un percorrido polo distintos símbolos da Paz que foron xurdindo ao longo da historia. Deste xeito, cada grupo - clase investigamos sobre un destes símbolos: a pomba, o arco da vella, a ramiña de oliveira, as mans brancas ou o logo da paz. Así, cada grupo recollemos nun pergamino que simboliza cada unha desta imaxes e creamos varios deles en pequeniño. 

Ademais, cada grupo convertémonos en poetas pola Paz, desta volta, cun haiku, un poema breve de dezasete sílbas, escrito en tres versos de cinco, sete e cinco sílabas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario