luns, 13 de maio de 2024

A independecncia de EEUU (4 de xullo de 1776)

Trala guerra con Francia, o Reino Unido necesitaba mais recursos económicos e decide aplicar mais impostas ás 13 colonias inlgesas en América sobre o té, os selos postais e o azucre.

Ante esta situación, representantes de 12 das 13 colonias reúnense nunha primeira vez; e xa nunha segunda reunión con representantes das 13 colonias, o coronel George Washington propón loitar e pelexar ante esta situación ata conseguir a independencia das colonias e ser un país libre. A independencia conséguese finalmente o 4 de xullo de 1776 coa Declaración de Independencias de EEUU.

 



martes, 7 de maio de 2024

A revolución Industrial 1776

No ano 1776 James Watt mellorou a máquina de vapor de Newcomen dando así pé a revolución indutrial.

Con esta revolución cambiou a organización social, a forma de traballar das persoas e os desprazamentos por terra e mar.

Europa encheuse de vías para que os trens puidesen transportar mercancías e naceron as fábricas; pasando as persoas de vivir, maioritariamente, no rural mudando cara as cidades.

Ademais o transporte por mar avanzou tardando moito menos en facer os desprazamentos xa que os barcos deixaron de ser impulsados polas velas mecidas polo aire, para ter uns motores que movían hélices e os facían máis rápidos.