Boas, presentámonos! Somos as alumnas e alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria e neste apartado do blog imos compartir con vós todo o que vaiamos aprendendo sobre o proxecto Coñecemos o pasado, vivimos o presente.
Comezamos o noso traballo coñecendo de maneira xeral as diferentes épocas da historia para centrarnos despois na nosa etapa, A Idade Antiga.
Todo o aprendido ímolo recoller nun caderno que, pouco a pouco vos iremos ensinando.
Agardamos que vos guste! 💫💫
Ningún comentario:
Publicar un comentario