luns, 15 de abril de 2024

As revolucións inglesas do século XVII (entre os anos 1642 e 1649)

 No día de hoxe vamos a presentarvos as tres guerras inglesas do século XVII na que particparon como protagonistas o rei Carlos I, seu fillo Carlos II; o xeneral Cromwell e seu fillo.

En Inglaterra, entre os anos 1642 e 1649, Carlos I estaba casado cunha raíña moi católica. Este rei era moi absolutista e non facía caso ao Parlamento inglés. Esta situación provocaba moito malestar entre a poboación e derivou na primeira guerra inglesa. Dos dous bandos, os partidarios ao rei e os partidarios ao Parlamento, gañaron estes últimos; tendo que Carlos I fuxir a Escocia.

Pouco tempo despois, Carlos I consegui o apoio de Escocia e Irlanda e tenta regresar a Inglaterra e recuperar o seu trono; pero o xeneral Cromwell gaña a batalla da segunda guerra inglesa  xa antes de que pisaran territorio inglés. O rei foi condeado a morte, e o xeneral Cromwelll amaina o malestar de Escocia e Irlanda ante a derrota na batalla.

O fillo do rei morto, Carlos II intenta chegar ao poder, e o xeneral Cromwell volve a gañar a batalla, instaurando unha república para acabar co goberno monárquico. Gobernando el ata súa morte, nun principio de xeito axeitado, pero tornándose cada vez mais esixente, autoritario e menos dialogante.

Trala morte do xeneral Cromwell, o seu fillo decide chegar ao poder e gobernar Inglaterra, pero Carlos II reaparece para reclamar o ser trono como rei de Inglaterra, volvendo a instaurar a monarquía en Inglaterra.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario