venres, 22 de marzo de 2024

A Idade Contemporánea: Actividade de Comunicación e Difusión 🔊🏢

 Este venres 22 de marzo, tivemos a oportunidade de compartir con todos os nosos compañeiros dos distintos cursos, todas investigacións, traballos e coñecementos que fumos adquirindo ao longo destes meses sobre a Idade Contemporánea. 

Todos sabedes que se trata dunha etapa bastante longa, por iso decidimos dividila en pequenas partes, estudar os acontecementos históricos máis relevantes  que tiveron lugar nelas, os personaxes que as protagonizaron e os inventos máis salientables. 

Pero o noso traballo non quedou aí. Tamén fixemos unha recompilación das obras arquitectónicas máis salientables, un libriño coas mulleres máis destacadas e dous xogos: unha versión do famoso "Quen é Quen? con personaxes históricos da época e unhas mariquiñas recortables que dan mostra da evolución da moda ao longo destas décadas. A maiores, tamén nos deu tempo para facer un percorrido pola historia da Arte recente, traballando e inspirándonos en autores como Dalí, Picasso, Keith Haring ou Romero Britto. 

Pechamos a nosa exposición cun rap que nós mesmos creamos! 

Podedes ver un resumo no seguinte vídeo! 

Agardamos que vos guste! 




Ningún comentario:

Publicar un comentario