venres, 31 de maio de 2024
Art in the Contemporary Age 🖌
xoves, 30 de maio de 2024
ADIVIÑA A ETAPA PREHISTORICA
No mes de maio, o alumnado de 3º de Educación Primaria elaboramos unhas tarxetiñas con imaxes representativas das distintas etapas da Prehistoria.
Posteriormente, nunha cartulina puxemos as tres etapas da Prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.
Finalmente, repasamos o aprendido sobre a Prehistoria (a modo de xogo) colocando cada imaxe na súa etapa correspondente.
mércores, 29 de maio de 2024
Inventos da Idade Antiga 🔮
Boas!!
Durante este tempo estivemos investigando sobre diferentes inventos que apareceron na Idade Antiga e hoxe imos compartir algúns!
Todo o que descubrimos está recollido no noso caderno 📙
En Mesopotamia, inventouse:
- A roda.
- A escritura.
- O horóscopo.
No Antigo Exipto, inventouse:
- O papiro.
- As cerraduras das portas.
- O reloxo de sol.
Na Antiga Grecia, inventouse:
- As olimpíadas.
- A moeda (Dracma).
- Os mapas.
No Imperio Romano, inventouse:
- Os acuedutos.
- Os muiños hidráulicos.
- O cemento.
luns, 27 de maio de 2024
MÁIS COUSAS SOBRE A IDADE MEDIA
Outro dos aspectos que investigamos foron os intrumentos musicais da Idade Media: cítara, laúd, gaita e arpa. Fixemos unhas arpas moi coloridas!
Nos castelos tamén comprobamos qué personaxes vivían entre eles profundizamos en figuras importantes como os REIS CATÓLICOS
Traballamos figuras xeométricas para formar unhas fermosas vidrieiras propias desta etapa da historia.
Investigamos sobre diferentes inventos da Idade Media e que aínda hoxe están presentes entre nos como as gafas, os muiños de auga ou a imprenta.
Traballamos a lóxica - matemática a través dos números romanos.
A letra gótica era propia desta etapa da historia polo que traballamos sobre ela e coñecemos unha das obras máis importante deste momento como AMADÍS DE GAULA
Investigamos sobre os oficios da Idade Media. Fixemos un taller de Escudos.
luns, 13 de maio de 2024
A independencia de EEUU (4 de xullo de 1776)
Trala guerra con Francia, o Reino Unido necesitaba mais recursos económicos e decide aplicar mais impostas ás 13 colonias inlgesas en América sobre o té, os selos postais e o azucre.
Ante esta situación, representantes de 12 das 13 colonias reúnense nunha primeira vez; e xa nunha segunda reunión con representantes das 13 colonias, o coronel George Washington propón loitar e pelexar ante esta situación ata conseguir a independencia das colonias e ser un país libre. A independencia conséguese finalmente o 4 de xullo de 1776 coa Declaración de Independencias de EEUU.
xoves, 9 de maio de 2024
Art in the Modern Age
Throughtout this school year, we learned about the Art in the Modern Age.
First of all, we created some beautiful paintings about caravel ships. This kind of ships were used by Columbus and other explorers.
Then, we learned and investigated about one of the most important painters in history: Leonardo Da Vinci. Each of us tried to make their own version of one of the most representative paintings: La Gioconda.
We also got inspired by Giuseppe Arcimboldo art. We created some collages where we tried to represent the four seasons of the year.
martes, 7 de maio de 2024
A revolución Industrial 1773
No ano 1773 James Watt mellorou a máquina de vapor de Newcomen dando así pé a revolución indutrial.
Con esta revolución cambiou a organización social, a forma de traballar das persoas e os desprazamentos por terra e mar.
Europa encheuse de vías para que os trens puidesen transportar mercancías e naceron as fábricas; pasando as persoas de vivir, maioritariamente, no rural mudando cara as cidades.
Ademais o transporte por mar avanzou tardando moito menos en facer os desprazamentos xa que os barcos deixaron de ser impulsados polas velas mecidas polo aire, para ter uns motores que movían hélices e os facían máis rápidos.
luns, 6 de maio de 2024
CURIOSIDADES E INVENTOS DA PREHISTORIA
No terceiro trimestre, o alumnado de 3º de Educación Primaria elaboramos un Lapbook no cal plasmamos os acontecementos máis relavantes e os inventos de cada unha das etapas da Prehistoria: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.