Ao longo da Idade Contemporánea, a vestimenta transcorreu
por moitas etapas e modas, as cales caracterizaron a sociedades e poboacións a
través do concepto dualista espazo-tempo. O devir temporal e económico,
propicia na nosa etapa unha maior velocidade e consumo de material téxtil. Por
iso decidimos abordar esta temática.
Coa chegada dos Borbóns ao reinado de España realizáronse unha serie de reformas para atallar unha serie de problemas nas colonias en América. Éstos eran derivados da mellor organización da poboación e a diminución da chegada de riquezas á Coroa provinte das colonias.
No día de hoxe vamos a presentarvos as tres guerras inglesas do século XVII na que particparon como protagonistas o rei Carlos I, seu fillo Carlos II; o xeneral Cromwell e seu fillo.
En Inglaterra, entre os anos 1642 e 1649, Carlos I estaba casado cunha raíña moi católica. Este rei era moi absolutista e non facía caso ao Parlamento inglés. Esta situación provocaba moito malestar entre a poboación e derivou na primeira guerra inglesa. Dos dous bandos, os partidarios ao rei e os partidarios ao Parlamento, gañaron estes últimos; tendo que Carlos I fuxir a Escocia.
Pouco tempo despois, Carlos I consegui o apoio de Escocia e Irlanda e tenta regresar a Inglaterra e recuperar o seu trono; pero o xeneral Cromwell gaña a batalla da segunda guerra inglesa xa antes de que pisaran territorio inglés. O rei foi condeado a morte, e o xeneral Cromwelll amaina o malestar de Escocia e Irlanda ante a derrota na batalla.
O fillo do rei morto, Carlos II intenta chegar ao poder, e o xeneral Cromwell volve a gañar a batalla, instaurando unha república para acabar co goberno monárquico. Gobernando el ata súa morte, nun principio de xeito axeitado, pero tornándose cada vez mais esixente, autoritario e menos dialogante.
Trala morte do xeneral Cromwell, o seu fillo decide chegar ao poder e gobernar Inglaterra, pero Carlos II reaparece para reclamar o ser trono como rei de Inglaterra, volvendo a instaurar a monarquía en Inglaterra.