Este luns 17 de xuño, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés presentamos o produto final do noso proxecto documental deste curso "Coñecemos o pasado; vivimos o presente". Deste modo, despois de crear e repartir unhas invitacións entre as nosas familias e os nosos veciños de Lobios, convertemos a nosa biblioteca escolar nun museo no que expuxemos todos os nosos traballos nos que recolliamos todo o investigado e traballado sobre cada etapa da historia. Nesta xornada, tivemos a oportunidade de compartir e expoñerlle ao público todos os coñecementos que fumos adquirindo.
Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo.