luns, 24 de xuño de 2024

Produto Final

 Este luns 17 de xuño, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe do Xurés presentamos o produto final do noso proxecto documental deste curso "Coñecemos o pasado; vivimos o presente". Deste modo, despois de crear e repartir unhas invitacións entre as nosas familias e os nosos veciños de Lobios, convertemos a nosa biblioteca escolar nun museo no que expuxemos todos os nosos traballos nos que recolliamos todo o investigado e traballado sobre cada etapa da historia. Nesta xornada, tivemos a oportunidade de compartir e expoñerlle ao público todos os coñecementos que fumos adquirindo. 

Podedes ver un resumo da xornada no seguinte vídeo. 






xoves, 13 de xuño de 2024

Convite

 Estimadas familias e veciños de Lobios, temos o pracer de convidarvos á presentación do PDI "Coñecemos o pasado; vivimos o presente" o vindeiro luns 17 de xuño!! 

Alí poderedes ver todo o que levamos investigado sobre as distintas etapas históricas! 

Non faltedes! 









xoves, 6 de xuño de 2024

A Revolución Francesa 1789

Para rematar a nosa etapa de coñecer a idade moderna, afondamos na revoluci´n francesa.

O rei Luis XVI e a súa esposa María Antonieta foron derrocados do poder coa creación da Asamblea Nacional comezando a revoluciñon Francesa enmaio de 1776.

O 14 de xullo o asalto do palacio da Bastilla pola masa social para liberar aos presos contrarios ao absolutismo do Rei; provocou que por toda Francia os campesiños e traballadores se sublevasen e asaltasen os castelos da nobleza.

Finalmente o rei é derrocado e condeado a guillotina xunto coa súa muller, e comeza unha nova etapa en Francia con Napoleón e unha Constituicón baixo os lemas de igualdade, liberdade e fraternidade.