martes, 27 de febreiro de 2024
A arte en Grecia e os deuses e deusas gregas 🏦
venres, 23 de febreiro de 2024
Cavemen tools 🔥🔨
mércores, 21 de febreiro de 2024
O calendario Gregoriano
Coñecemos os tres calendarios que se deron ao longo da historia. O calendario romano; o calendario Juliano e o calendario Gregoriano.
Empezamos coñecendo as características do calendario romano, entre as cales destacamos que os meses eran sinódicos (tiñan a duración das catro fases da lúa); a duración do calendario era de 355 días; cada dous anos había un mes mais que se denominaba interludis; e o ano comezaba co mes de marzo.
Co emprador Julio César implantouse o calendario como o coñecemos na actualidade coas súas características en canto ao nome dos meses, duración do ano e dos diferentes meses; ou o ano bisiesto, entre outras.
Finalmente o papa Gregorio XIII modificou o calnedario Juliano e introduciou o calendario Gregoriano por mor de cadrar as datas na festividade da Pascua
Ademais coñecemos unha curiosadade que ten que ver co calendario Gregoriano e a conmmemoración do día do libro (13 de abril)...invitámosvos a que a descubrades no vídeo!!
sábado, 17 de febreiro de 2024
OS CASTELOS
OLA FAMILIAS!
ESTE CURSO COMO XA SABEDES AS TARTARUGAS ESTÁN TRABALLANDO NO PDI DO CENTRO PESCUDANDO INFORMACIÓN SOBRE A IDADE MEDIA.
COMEZAMOS RECADANDO INFORMACIÓN SOBRE OS CASTELOS
Entroido: unha viaxe á Prehistoria
Polo Entroido, viaxamos á Prehistoria e, para iso, deseñamos e confeccionamos uns traxes propios dunha tribu cavernícola!
Esperamos que vos gusten! 🌟
venres, 16 de febreiro de 2024
ENTROIDO: A VIAXE DE CRISTÓBAL COLÓN
No mes de febreiro, fixemos unha pequena parada nas nosas investigacións para desfrutar do Entroido. E como non podía ser doutro xeito, relacionámola coa etapa histórica que estamos a estudar: A IDADE MODERNA.
Para iso, investigamos as roupas que levaba Cristóbal Colón, confeccionámolas e vestímolas. Por suposto, tamén creamos unha carabela coa que saímos a pasear por Lobios.
Entroido: a idade contemporánea e as novas tecnoloxías
Entroido: Unha viaxe ao Antigo Exipto
Polo Entroido, viaxamos ao Antigo Exipto e creamos uns traxes similares aos que vestían os faraóns!!
Esperamos que vos guste! 🌟
luns, 12 de febreiro de 2024
A CONTRARREFORMA CATÓLICA
Trala aparición da relixión protestante, a igrexa católica impulsou unha serie de medidas no Concilio de Trento, baixo o goberno do rei Felipe II e o papado de Pablo III.
luns, 5 de febreiro de 2024
As sociedades na Idade Antiga 👩👨
Bos días! Hoxe vimos contar como eran as sociedades nas diferentes etapas da Idade Antiga.
As diferentes sociedades estaban divida en función da riqueza e do poder.
En Mesopotamia había: rei, privilexiados, campesiños, comerciantes, artesáns e escravos. Nesta época invesntouse a escritura.
Como dato curioso, Mesopotamia significa terra entre dous ríos.
En Exipto había: faraóns, nobres, soldados, escribas, comerciantes, artesáns e escravos.
Como dato curisoso, en Exipto cando un faraón morría, era enterrado con moitas das súas riquezas porque pensaban que as podían utilizar noutra vida.
En Grecia, había: cidadáns libres e cidadadáns non libres.
Como dato curioso, en Grecia, creáronse as Olimpíadas.
En Roma, había: patricios, plebeos e escravos.
Como dato curioso, en Roma, hai unha lenda que di que a cidade foi fundada por Rémulo y Remo, dous irmáns que foron criados por unha loba.
Toda a información sobre as sociedades da Idade Antiga, témola recollida nos nosos cadernos, agardamos que vos guste!! 💫