Movemento Obreiro
venres, 27 de outubro de 2023
martes, 24 de outubro de 2023
Actividade de motivación💡
No día das Bibliotecas Escolares, o pasado 24 de outubro, démoslle comezo ao noso PDI
"Coñecemos o pasado; vivimos o presente"
Aproveitamos as imaxes da mensaxe que nos enviara Pancholiño para facer unha chuvia de ideas e recompilar o que sabemos das etapas da historia e o que queremos saber e aprender.
Ademais, animámonos a crear unha liña do tempo e a inaugurar o noso mural do proxecto.
Amosámosvolo todo todiño no seguinte vídeo!
Mensaxe de Pancholiño 📪📩
O día 24 de outubro, coincidindo co Día das Bibliotecas,
recibimos unha importante mensaxe de Pancholiño!
Compartímosvola! 📩
venres, 20 de outubro de 2023
venres, 13 de outubro de 2023
xoves, 12 de outubro de 2023
SESIÓN MOTIVACIÓN. COMEZAMOS O NOSO DESCUBRIMENTO...
O alumnado de 4º de Primaria comeza a súa viaxe pola Idade Contemporánea.
Comezamos a traballar esta etapa dentro do PDI "Coñecemos o pasado; vivimos o presente" coa decoración da porta da aula.
Realizamos o barco do descubrimento de América no ano 1492 e rematamos coa máquina de vapor. Tamén decoramos as letras do título da nosa etapa histórica, "Idade Moderna", coa cor da bandeira de Francia, aludindo á Revolución Francesa (1789).
Porta entrada aula de 4º de Primaria |
martes, 10 de outubro de 2023
Liña do tempo
En prol da consecución dunha liña temporal que favoreza a
visualización e interpolación de imaxes, datas e personaxes decidimos elaborar
na porta da aula unha liña do tempo que promulgue os feitos más importantes
acaecidos. Para propiciar tal fin, tocamos os ámbitos mundial, estatal e
galego.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)